Experiencias para descubrir en familia na provincia de Ourense

Plans reais para compartir tempo xuntos: natureza, animais, auga, obradoiros creativos, aventuras e cultura para todas as idades.

Planear actividades en familia non sempre é fácil

Buscar un plan que guste a toda a familia, axeitado para a idade das crianzas e que non implique longos desprazamentos e que funcione en calquera época do ano, non sempre é sinxelo.

Por iso creamos Ourense Familiar, un catálogo dixital que reúne as mellores experiencias turísticas da provincia, seleccionadas e organizadas para que só teñas que elixir e desfrutar.

Todo está pensado para vivilo xuntos.

Que tipo de plans atoparás?

Organizamos as experiencias para que atopar o plan perfecto sexa fácil e divertido.

Actividades con animais

Roteiros e natureza

Patrimonio e cultura

Auga e Ocio Acuático

Aventuras e Deportes

Gastronomía e Experiencias Locais

Experiencias Educativas

Paquetes turísticos

Actividades con animais e granxas escola

Roteiros familiares e paseos pola natureza

Patrimonio, vilas con encanto e visitas guiadas

Praias fluviais, termas e actividades acuáticas

Eventos e festivais familiares

Aventura e deportes seguros para toda a familia

Gastronomía e obradoiros locais

Obradoiros educativos e artísticos

Paquetes Turísticos

Non sabes por onde empezar?

Propoñemos plans combinados e feiras de interese turístico segundo a época do ano, perfectos para unha fin de semana ou ponte en familia.

Entroido e Festas

Entroidos, Festa do Botelo (O Barco de Valdeorras) e Festa dos Fachós (Castro Caldelas).
Xaneiro e Febreiro

Semana Santa do Carballiño

O Carballiño y su Semana Santa, son sinónimos de devoción, gastronomía y termalismo.
Marzo e abril

Festas e Feiras

Festa dos Maios, Feira do Viño do Ribeiro, Romaría Etnográfica Raigame e Festa do Peixe.
maio

Festas

Festa do Boi (Allariz) coincidindo ca Festa do Corpus Christi.
Xuño

Festas

Festa de Exaltación do Pan de Cea (San Cristovo de Cea) e Festa da Bica (A Pobra de Trives).
Xullo

Festas e feiras

Festa do Polbo, Feira do Pemento de Oímbra, Festa do Pemento de Arnoia, Festa Da istoria, Festa da Vendima De Leiro e Festa das Sopas de Burro Canso.
agosto

Romaría

Romaría da Saínza (Rairiz de Veiga).
Setembro

Festas

Festa da Castaña e do Cogomelo (riós) e Festa do Magosto (Ourense Capital).
Outubro e novembro

Isto non é só un catálogo, é unha guía para crear recordos...

Aquí atoparás experiencias seleccionadas para conectar as familias coa natureza, o territorio e a cultura de Ourense.
Plans tranquilos, activos, educativos ou aventureiros para calquera momento do ano, sempre pensados para compartir.

Descubre as experiencias de Ourense no mapa

Explora as experiencias familiares repartidas pola provincia e atopa plans preto do lugar onde estás ou do destino que queres visitar.

Ourense Familiar
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.